A CEL organiza unha xornada sobre igualdade
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, para o próximo día 27 de setembro de 2024, o webinar Igualdade na empresa privada. Dificultades de implementación dun plan de igualdade, no marco das actividades do seu Gabinete Técnico de Igualdade, posto en marcha co financiamento da Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social a través do SEPE.
En horario de 10:00 a 13:00 horas, contará coas achegas de destacados expertos en materia laboral, de igualdade e acoso laboral e sexual como os avogados Verónica Suárez e Juan Antonio Frago, de Frago & Suárez; o director de Relacións Laborais de Abanca, Benito Couceiro ou Tomás García Castro, Capitán da Garda Civil e Máster en Prevención de Riscos Laborais e autor de libros como Más allá del estrés ou Regresar vivo a casa.
Os relatores abordarán nas súas intervencións temas como o marco normativo para a xestión da igualdade na empresa privada, dificultades prácticas da implementación do plan de igualdade, mesa negociadora, como afrontar unha auditoría retributiva, seguimento e avaliación de plans de igualdade, delitos de acoso laboral e sexual, novidades relevantes do convenio internacional da OIT respecto do acoso ou riscos laborais derivados do acoso.
Máis info e inscricións
A asistencia é libre pero é imprescindible inscrición para recibir a ligazón de conexión á xornada, polo que é necesario reservar praza a través da web da CEL, www.cel.es, ou chamando ao 982 23 11 50.
A CEL lembra que conta cun servizo gratuíto para empresas de información e asesoramento en materia de igualdade, a través do que se poden consultar cuestións de actualidade como as axudas do Bono Concilia da Xunta, a obtención do “Distintivo de Igualdade” estatal, do que saíu recentemente a convocatoria 2024 ou outras cuestións de carácter técnico como o réxime aplicable aos plans de igualdade para a súa consideración nos procesos de licitacións públicas ou as novas obrigas en relación ao protocolo LGTBIQ+.