A CEL organizou a xornada 'Nocións básicas de prevención; afrontar unha inspección de traballo'
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organizou en Lugo a xornada informativa 'Nocións básicas de prevención; afrontar unha inspección de traballo', financiada pola Xunta de Galicia.
A xornada, de carácter práctico e intensivo, congregou unha vintena de empresarios interesados en actualizar os seus coñecementos en materia de seguridade e saúde así como ao cumprimento estrito das obrigas neste ámbito ante a inspección de traballo.
Jorge Somoza, directivo da CEL, abriu o encontro destacando que “á marxe do obxectivo concreto do mesmo, desde a Confederación de Empresarios de Lugo considérase fundamental un traballo continuado de sensibilización en materia de seguridade e saúde laboral e difusión dunha axeitada cultura preventiva entre a sociedade en xeral”.
Na mesma liña, Somoza subliñou que “soamente a través da formación e da difusión dunha axeitada cultura preventiva en todos os ámbitos sociais poderemos conseguir enraizar á prevención de riscos laborais como valor social e, en consecuencia, acadar unha reducción da siniestralidade laboral”.
O foro contou coas achegas de Mari Luz Álvarez Arias, enxeñeiro técnico agrícola cunha ampla formación e especialización en prevención de riscos laborais (técnico superior en PRL co tres especialidades: Seguridade, Hixiene e Ergonomía e Psicosociología Aplicada) que leva anos exercendo a súa profesión en Saúde Laboral Galega - Servizo de Prevención.
Tamén, ao amparo das axudas para a realización de actividades no ámbito da prevención de riscos laborais en Galicia no exercicio 2024, financiadas pola Xunta de Galicia, a CEL organiza para a semana próxima, o martes 26 de novembro, a xornada informativa 'Amianto e radón. Novidades normativas en materia de prevención de riscos laborais, a estratexias e medidas de protección e control para a seguridade e a saúde'.