A charla de Sonia Villapol celebrarase este venres no Vello Cárcere

LugoXa
Arroxo agradeceu a Sonia Villapol “a súa disposición para atopar unha nova data para este evento” e convidou á veciñanza a acudir ao Vello Cárcere
Sonia-Villapol
19 Jun 2025

A charla de Sonia Villapol celebrarase finalmente este venres, 20 de xuño, ás 19.00 horas, tal como anunciou o tenente de alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, quen informou de que o Vello Cárcere acollerá unha charla-coloquio aberta ao público coa recoñecida neurocientífica.

O encontro estará centrado no impacto da industria das celulosas na saúde da poboación e na análise do caso Altri. A charla, prevista inicialmente para o pasado día 11, tivo que ser adiada debido a un desaxuste horario no voo procedente de Dallas. Arroxo agradeceu a Sonia Villapol “a súa disposición para atopar unha nova data para este evento” e convidou á veciñanza a acudir ao Vello Cárcere para desfrutar desta actividade.

Arroxo destacou a importancia deste encontro para a cidadanía lucense, no que se abordará o impacto da industria da celulosa na saúde e a información dispoñible sobre o proxecto de Altri.

A charla ofrecerá unha oportunidade única para coñecer de primeira man a visión experta de Sonia Villapol sobre os riscos e consecuencias da contaminación xerada polas plantas de celulosa, un asunto de máxima actualidade e relevancia social en Galiza.

⚙ Configurar cookies
0.16896200180054