A CHMS invertirá 700.000 euros na mellora do saneamento do núcleo do Cebreiro
A CHMS invertirá 700.000 euros na mellora do saneamento do núcleo de O Cebreiro no municipio lucense de Pedrafita.
Actualmente dispón dun sistema unitario que recolle as augas pluviais de escorrenta captadas polas reixas, para mesturalas coas augas residuais, o que provoca exceso de caudal en tempo de choiva e xera vertidos recorrentes ao leito.
Problemática actual
Actualmente a rede de saneamento de O Cebreiro dispón dun funcionamento unitario que recolle as augas pluviais de escorrenta captadas polas reixas para mesturalas coas augas residuais. Porén o sistema de depuración é o común dos núcleos de poboación illados, constituído por unha fosa séptica e tres unidades de leitos bacterianos conectados en serie, deseñado para tratar solo as augas fecais.
Deste modo, o exceso do caudal en tempo de choiva xera un funcionamento incorrecto do sistema de depuración; para corrixir a situación sería necesaria a transformación do actual sistema unitario nun separativo, de nova construción, de forma que as augas residuais poidan conducirse á instalación de tratamento, mentres que as pluviais se deriven da rede, para ser entregadas directamente ao medio natural sen que se produzan afeccións sobre o medio ambiente.
A inversión necesaria estímase en 700.000 euros.