A CHMS mellora a capacidade hidráulica do rego do Val Pedroso en Baleira

LugoXa
A Confederación Hidrográfica mellora a capacidade hidráulica do afluente do río Neira, Rego do Val Pedroso, en Baleira.
rio neira baleira
8 Xul 2021

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, mellora a capacidade hidráulica do afluente do río Neira, rego do Val Pedroso, en Baleira (Lugo).

O tramo de actuación comprende unha lonxitude total de 4970 metros lineais nos cales se mellorará a conectividade lonxitudinal do leito mediante a retirada de árbores caídas e con risco de caída ao leito, que están a provocar tapóns nas obras de paso pola acumulación de restos arbóreos, afectando ao normal discorrer das augas.

Ademais, realízanse rozas selectivas de matogueira perimetral, poda e clarexo de ramas baixas. As árbores secas e troncos retíranse con tractor pluma ou cabrestante desde un punto fixo situado na beira ou marxe do leito, nunca desde o medio do leito, e o resto de actuacións execútanse de forma manual.

No caso de cortas de amieiros, aplícanse as medidas ou recomendacións profilácticas co obxecto de evitar a propagación de Phytophthora alni.

Estes traballos iniciáronse o 1 de xullo e está prevista a súa finalización durante a primeira semana de agosto e contan cun investimento estimado que supera os 30.000 euros.

0.21078181266785