A CHMS non poderá restaurar o caneiro de Aceña de Olga ao non dispor de resposta da Xunta

LugoXa
A CHMS comunica a anulación da obra de restauración do caneiro de Aceña de Olga, procedendo a rescindir a encomenda a empresa adxudicataria.
o muiño lugo
12 Ago 2022

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependiente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, adxudicou a Tragsa en xuño de 2022 a actuación de restauración e recuperación do caneiro de Aceña de Olga por importe de 336.332 euros e prazo de ejecución de 3 meses.

No día de hoxe comunicase a anulación da obra de restauración do caneiro de Aceña de Olga, procedendo a rescindir a encomenda a empresa adxudicataria que xa fixera algunha labor de limpeza previa para realizar a obra. A razón exclusivamente é que Patrimonio Natural da Xunta non resolve a autorización para trasladar o mexilon de río o que imposibilita a execución desta importante actuación.

“Esta obra só pode realizarse durante o periodo de estiaxe, de feito a planificación prevista era a de poder comenzar a principios de xullo (nos 10 primeiros días), a estas alturas non é posible esperar máis” explicou o presidente do organismo de bacía;  “levo tempo diciendo que xa estamos en periodo de descontó e asumindo moito risco ao demorar o inicio da obra” incidiu.

O periodo de execución das obras, segundo a planificación da empresa,  é de algo máis de 2 meses, tendo en conta que hai que desenvolver os traballos con sumo cuidado para evitar danos medioambientais,  ao que lle hai que sumar outra semana máis para trasladar o mexilón en condicións idóneas para non danar a colonia.

Hay que ter en conta, ademáis, que a data tope de execución é o 1 de novembro, data imposta pola Administración Autonómica a partires da que está estrictamente prohibido traballar no río dado que comenza a freza das troitas; o que quere dicir que,  ainda que as augas estivesen Baixas, non sería posible executar as obras previstas.

"Somos sabedores da importancia que ten para a cidade de Lugo e os lucenses esta actuación, ao tratarse dunha zona das máis transitadas pola ciudadanía, zona de práctica deportiva para os piragüistas; engadindo ademáis que, o non arranxo do caneiro, implica o avance da  erosión na ribeira do Colexio da Ponte” lamentou o presidente

Compre destacar tamén que o caneiro está ligado ao Muiño e que neste momento a CHMS esta a rematar o proxecto para eliminar o feísmo urbanistico do edificio e preparalo para a divulgación de valores e historia do río polo que formaba parte dunha actuación integral.

“Non entendemos a actuación de entorpecemento e boicoteo por parte da Xunta para bloquear esta actuación tan demandada polos lucenses. Defendemos o respeto medioambiental e tiñamos todo listo para o traslado dos exemplares afectados con todalas garantías de respeto e protección” incidiu o presidente.

Cronoloxía

O proxecto sacouse a licitación no mes de marzo de 2022, pero quedou deserto o concurso, polo que se tamitou o Encargo a Tragsa para a súa execución, con orde de encargo de xuño de 2022 por importe de 336.332,02 euros e un prazo de execución de 3 meses.

Por parte de Tragsa se realizaron traballos previos de prospección  e se solicitou autorización para a traslocación dos exemplares de mexillón detectados mediante solicitude de data 17 de xuño de 2022. En resposta o 22 de xuño a DX de Patrimonio Natural solicita información complementaria sobre a traslocación proposta, polo que se encarga un estudio e prospección mais detallada da zona afectada polas obras, entregando a resposta con data 18 de xullo de 2022. Novamente a DXPN contesta con data 29 de xullo solicitando documentación complementaria, que se aporta con data 1 de agosto.

“Para rematar dicir que non paga a pena entrar en polémicas sobre cando a Xunta pediu informes a CHMS, tendo en conta que a solicitude é de 2022; sería bo que revisaran a información antes de enviala aos medios, nada mais.” rematou José Antonio Quiroga.

0.14054083824158