A CHMS realiza traballos de conservación en varios leitos das provincias de Lugo e Ourense

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) continúa os traballos de conservación e mellora dos leitos da demarcación co obxectivo de favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de inundacións.
Actuacións en execución que supoñen 308.500 euros, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), cunha achega do 60% do orzado; no marco do Programa Operativo Plurirregional de España 2021-2027.
Na provincia de Lugo, municipios de Castro de Rei, Begonte, Monforte de Lemos e O Corgo; nos ríos Miño, Parga, Cinsa e Chamoso, respectivamente; e continúan os traballos no río Vilaflores en Begonte.
Na provincia de Ourense, no arroio Innominado ao seu paso por Maceda; río Miño en Ourense; e río Troncoso en Padrenda; así mesmo continúan nos ríos Eirós e Barbadás ao seu paso por Rubiá e San Cibrao das Viñas, respectivamente.
En Pontevedra no municipio de Mos, nos ríos Agueiro, Torroeira e Porteliña; continuando os xa iniciados no río Xinzo ao seu paso polo concello de Ponteareas.
O conxunto de actuacións en execución supoñen un investimento de 308.500€, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
“Traballos programados co obxectivo de conservar e restaurar a hidromorfología natural dos leitos para mellorar a súa resiliencia e adaptación ao cambio climático” ha explicado Quiroga.
“Preténdese minimizar o risco de inundacións en núcleos urbanos, infraestruturas ou parcelas próximas aos leitos fluviais; mediante traballos selvícolas cos que se conseguirá mellorar ou restaurar o bosque autóctono de ribeira, recuperando a morfoloxía fluvial natural a través da retirada de barreiras artificiais que modifiquen o comportamento do río” lembrou o presidente.
“Realizaranse, ademais, actuacións de restauración hidrolóxico-forestal para o control da erosión e a protección de marxes en zonas concretas, a través de solucións baseadas en técnicas non invasivas e ambientalmente sostibles” concluíu o presidente.
Estas actuacións enmárcanse dentro do Obxectivo Específico 2.4, que pretende “Favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas”, que están suxeitas ao cumprimento da normativa.