A cidade de Lugo acollerá a Copa da Raíña de voleibol en febreiro

A cidade de Lugo será a sede acolledora da Copa da Raíña de voleibol entre os días 11 e 13 de febreiro no Pavillón Municipal. O Club Arenal Emevé será o anfitrión do torneo.
Esta será unha excelente oportunidade para visualizar o enorme potencial de Lugo á hora de organizar eventos desta magnitude.
Copa da Raíña de Voleibol
A Copa da Raíña de Voleibol é a segunda competición española en importancia, aínda que é a máis antiga. A competición iníciase na tempada 1975-76. O torneo é sucesor da Copa do Generalísimo, creada na tempada 1970-71 e do Campionato de España, creado na tempada 1959-60.