A ciencia sae aos bares co 'Pint of Sciencie'
Pint of Science chega a Lugo este 2022. Mañá, luns, dará comezo este festival de divulgación científica que propón un encontro entre investigadores e público nos bares. Así, o 9 e o 11 deste mes de maio, Lugo acollerá diversas iniciativas deste orixinal festival que se organiza nun total de 44 cidades españolas. Ademáis, ten carácter internacional polo que se celebrará na mesma data en máis de 200 cidades dos cinco continentes.
Trala pandemia, a 7ª edición deste festival volve aos vares con máis de 335 charlas repartidas en 183 eventos en todo o Estado. Con todo, Lugo acollerá tres citas coa ciencia, dúas delas na Carballeira e outra no Club Clavicémbalo.
O evento é totalmente de balde e o programa pódese consultar na web https://pintofscience.es/.
“Tanto a ciencia como os que a fan posible todavía seguen sendo uns descoñecidos para o cidadán de a pé. Por iso, PoS pretende achegar aos investigadores ao público”, di Carlos Peris Torres, un dos coordinadores nacionais do evento.
Nunha linguaxe comprensible e cercana, os investigadores máis punteiros do panorama nacional falarán sobre proxectos de varias áreas: Neurociencia, Astrofísica, Medicina, Historia, Supercomputación, Matemática ou Zooloxía.
PROGRAMA
En Lugo, César Pérez Cruzado, da USC falará dos bosques e dos distintos mecanismos internacionais de compensación de emisións que incorporan a promoción e o mantemento dos mesmos. Noutro senso, Agustín Merino, tamén da USC, falará das bases científicas para a protección do chan afectado polos incendios. Estas dúas charlas darán comezo ás 18 horas do día 9.
Ese mesmo día, a partir das 20 horas, as pandemias serán o tema central de dous novas charlas. Así, Azucena Mora Gutiérrez (USC) falará dunha pandemia silenciosa, a resistencia aos antimicrobianos que mata cada ano ao redor duns 1,2 millóns de persoas. Máis tarde, Marta López Alonso (USC) tratará a importancia dos minerais na loita contra o cancro, esenciais en procesos orgánicos como a defensa antioxidante, a resposta inmune ou a cicatrización de feridas, entre outros.
O día 11, Juan Luis Fernández Lorenzo (USC) falará dos cultivos in vitro de tecidos vexetais que xa constitúe unha gran ferramenta biotecnolóxica. Por último, María Rosa Mosquera Losada (USC), porá o foco na necesidade de deseñar estratexias sostibles na agricultura que permitan loitar contra os eventos derivados do cambio climático, a contaminación do chan, do aire e da auga. As dúas citas terán lugar no Club Clavicémbalo a partir das 21 horas.