A CIG alerta do impago das nóminas de decembro en Tegastacín
A CIG alerta nun comunicado de que o persoal de Tegestacín está sen percibir os salarios correspondentes ao mes de decembro do ano vencido, "de novo esta empresa avanza o seu particular agasallo ó persoal para a noite de reis con esta nova situación de impago, posta en coñecemento da Autoridade laboral", indican.
Dende o comité e dende o sindicato amósase "o máximo rexeite" diante desta situación, "na clara estratexia da empresa de fuxir coa súa producción do territorio galego e avanzar sobre a especulación para o futuro da factoría de Outeiro de Rei".
Segun do indican malia todo isto a factoría está a manter unha actividade reducida e de mantemento pero que, sen dúbida, "ten que ser a garantía do pago do seu persoal, feitos que a empresa está a incumprir".
A CIG alertara tamén nun comunicado o posible peche das antigas instalacións de Leche Pascual en Outeiro de Rei, que ocupa actualmente a empresa Tegestacín, tal e como confirmou días máis tarde a propia empresa, que informou por carta aos traballadores do cese da actividade fabril.
Denunciaban nalquel momento o impago dos salarios de novembro así como o corte do subministro eléctrico en dúas ocasións.
A empresa Tegestacín naceu co beneplácito da familia de Leche Pascual. A súa traxetoria comezou no ano 2014 compatibilizando as actividades de fabricación e transferencia de produtos e centrando a súa actividade no envasado de leite e queixo de untar principalmente, así como na de concentración de leite para outras industrias.
Explica a CIG que a comezos de ano remozouse a dirección da empresa para darlle máis pulo ao incremento do produto envasado o que fixo chegar a plantilla aos 75 traballadores.
Na vindeira semana a CIG terá lugar a seguinte reunión prevista no marco do período de consultas.