A CIG alerta do risco de peche de Tegastacín

TerraChaXa | LugoXa
A CIG alerta dun posible peche das antigas instalacións de Leche Pascual en Outeiro de Rei, que ocupa actualmente a empresa Tegestacín SL.
lacteos alimentos tegastacin outeiro
10 Dec 2021

A CIG alerta dun posible peche das antigas instalacións de Leche Pascual en Outeiro de Rei, que ocupa actualmente a empresa Tegestacín SL.

Segundo explican nun comunicado o sindicato a empresa semella "non ser capaz de remontar a actual situación" e ven unha mostra disto a situación de impago dos salarios do mes de novembro, "unha situación que se puxo en coñecemento da autoridade laboral". Engade que "o feito máis grave e preocupante" foi o corte de subministro eléctrico á factoría durante a mañá de onte. Afirman que "a representación legal do persoal non tiña coñecemento ou xustificación por parte da empresa deste corte".

A empresa Tegestacín ocupa as instalacións do proxecto de Alimentos Lácteos e naceu co beneplácito da familia de Leche Pascual. A súa traxetoria comezou no ano 2014 compatibilizando as actividades de fabricación e transferencia de produtos e centrando a súa actividade no envasado de leite e queixo de untar principalmente, así como na de concentración de leite para outras industrias.

Explica a CIG que a comezos de ano remozouse a dirección da empresa para darlle máis pulo ao incremento do produto envasado o que fixo chegar a plantilla aos 75 traballadores.

Dende a CIG destácase que "esta situación precipita a parálise total da produción e pon en grave risco o futuro da empresa e o mantemento dos postos de traballo", do mesmo xeito denúnciase á empresa "pola súa actitude temeraria, de ocultación e obstrución do seu deber de información e consulta polos representantes legais do persoal".

0.21383595466614