A CIG denuncia en Lugo as dificultades que sofren os maiores para seren atendidos na sanidade
LugoXa
A CIG denuncia o difícil camiño que teñen que seguir as persoas maiores para seren atendidas na sanidade pública galega.
23 Abr 2024
A CIG denuncia o difícil camiño que teñen que seguir as persoas maiores para seren atendidas na sanidade pública galega. Deste xeito, o colectivo, que demanda unha sanidade pública de calidade, levará a cabo un reparto polo HULA este mércores 24 de abril a partir das 11.00 horas da man do Colectivo de Xubilados e Pensionistas do sindicato. Con esta acción queren reivindicar o acceso aos servizos sanitarios e os dereitos da terceira idade.