A CIG denuncia o desmantelamento das instalacións de Tegestacín

TerraChaXa | LugoXa
A CIG informa que a empresa Tegestacín na súa factoría de Outeiro de Rei está consumando o desmantelamento total das instalacións.
lacteos alimentos tegastacin outeiro
2 Apr 2022

A CIG informa que a empresa Tegestacín na súa factoría de Outeiro de Rei está "consumando a súa fraude" co desmantelamento total das instalacións. 

"Era unha noticia a voces dentro da totalidade das industrias do sector e mesmo coñecido pola Xunta de Galiza que esta empresa ofertaba repostos e maquinaria a prezos de chatarra", explican. 

Sen embargo afirman que, "nun paso máis adiante e no que supón seguramente o fin de calquera reversibilidade das instalacións para retomar a actividade no sector lácteo", están a desmantelarse os silos principais da factoría, esta operación xerou ademáis moita expectación entre o veciñanza posto que os xigantes silos de almacenamento de leite requiren a actuación de poderosos guindastres e plataformas especiais. 

"Dende a CIG denunciamos publicamente esta actuación do entramado de empresas, actualmente a maioría en situación de pre-concurso de acredores, no que claramente é unha actuación deliberadamente fraudulenta e de fuxida e que se poñerá en coñecemento das autoridades competentes, nomeadamente da fiscalía, pois claramente persigue descapitalizar a empresa e deixar sen activos que poidan sufragar os importes dos salarios e indemnización impagadas ó persoal", engaden. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18314099311829