A circulación dos vehículos na Ponte da estación do tren verase interrompida mañá 9 de marzo

LugoXa
La circulación de la zona del Puente da la estación de tren de Lugo se verá interrumpida por los trabajos de poda de árboles.
Zona ocupación arboreda tren
8 Mar 2022

O arboredo urbano está a ser podado para o seu coidado e acondicionamento. Dentro do plan establecido polo Servizo de Parques e Xardíns, está previsto acometer o mantemento das árbores que se atopan na parcela municipal limítrofe ao aparcadoiro da Ponte da Estación do Tren.

Os labores, que se concentrará na xornada de mañá mércores, 9 de marzo, se desenvolverán dende as 8:00 horas e está previsto que finalicen ás 15:00 horas desde mesmo día.

Para a realización deste cometido, contarase con diversa maquinaría e persoal, e será necesario interferir puntualmente na circulación dos vehículos no carril que se atopa pegado a este soar. Contarase coa presenza de axentes da Policía Local, para garantir en todo momento a seguridade do tráfico peonil e rodado.

Así mesmo, dentro do aparcadoiro, procederase a sinalar con vallas e carteis o espazo no que quedará restrinxido o estacionamento co fin de que os operarios poidan acceder á zona para traballar sen obstáculos dado que se trata de árbores de grandes dimensións.

0.13178586959839