A CoGaVe reclama de novo a fin "do monopolio da ITV"

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
Enviou unha carta de protesta dirixida ao ministro de Industria, á consellería de Economía, ao delegado e subdelegada do Goberno e á Valedora do pobo
itv
ITV
9 Jul 2024

Desde a Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro–CoGaVe, representante do Movemento Veciñal de Galicia a través das súas Federacións de Asociacións Veciñais manifestou a súa preocupación ante a pervivencia, na Comunidade Autónoma, "dun dos monopolios que con máis intensidade grava e afecta directamente aos veciños e veciñas,  a Inspección Técnica de Vehículos (ITV)".

Lembran, tamén, neste punto, que as administracións con competencia directa nesta materia -e a cuxos representantes públicos dirixen esta carta,- son o Ministerio de Industria e Turismo do Gobierno de España -con carácter xeral-; e, no referente especificamente á xestión, as comunidades autónomas -neste caso, a Xunta de Galicia, a través, no presente año 2024, da súa Consellería de Economía, Industria e Innovación-, trátase dun servizo prestado por empresas mediante concurso público.

No caso concreto da Comunidade Autónoma de Galicia establece que “se regula como competencia exclusiva da Comunidade Autónoma a materia de Industria”. O traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma realizouse mediante Real Decreto o 24 de xullo.

Así mesmo, a actividade da Inspección Técnica de Vehículos establece que “a explotación das estacións será mixta, correspondendo á Consellería de Industria da Xunta de Galicia -neste caso, a Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia- o exercicio da dirección técnica das mesmas e a supervisión do cumprimento das obrigas e responsabilidades da Entidade ou Entidades adxudicatarias, e sendo a cargo destas a construción e xestión das estacións”. A adxudicación da explotación será mediante concurso público.

O territorio da Comunidade Autónoma de Galicia divídese en 9 zonas de influencia. Facendo un percorrido pola xeografía galega no referente ás estacións de ITV, no que respecta á provincia de Lugo, existen estacións distribuídas en 5 puntos ó longo da xeografía: a propia cidade de Lugo, capital da provincia; Viveiro, Foz, Monforte de Lemos e Vilalba.

Segundo indican, unha estación exemplo, conta con 4-5 portas de acceso para vehículos, onde cada vehículo permanece durante uns 15 minutos de media, polo que ó cabo de 1 hora, terán accedido 4 vehículos por cada unha das portas;  esultando, polo tanto, entre 16 y 20 vehículos por cada estación ao cabo dunha hora.

"Tendo en conta que as estacións prestan servizo durante 71,5 horas á semana, ó cabo dun mes terán prestado servizo durante unha media moi aproximada de 286 horas; e ó cabo dun ano, durante aproximadamente 3.575 horas -71,5 x 50 semanas/ano", engaden.

Deste xeito indican que ao cabo dunha semana, por cada estación de ITV terán circulado aproximadamente 3.146 vehículos; ó cabo dun mes, uns 12.584 vehículos; e ó cabo dun ano, entre 157.300.

"Tendo en conta que o beneficio neto de cada estación ronda o 50% dos seus ingresos, atopámonos con cifras tan astronómicas como as que, en efecto, declara a propia Applus -propietaria do 100% das ITV de Galicia trala compra, no ano 2017, da empresa Supervisión y Control, adxudicataria por concurso público, desde 1987, de dito servizo-.

"Á vista dos resultados obtidos -onde a propia empresa Applus recoñece ter obtido un beneficio de 48,6 millóns de euros ó peche do ano 2022, o que supón un 50,8% superior ese ano, ó obtido o ano anterior- resultados, en todo punto desorbitantes e, que desde esta entidade, a CoGaVe, cualificamos de totalmente desproporcionados -e con maior intensidade, tendo en conta a situación económica actual para a inmensa maioría dos veciños e veciñas-, manifestamos o noso profundo rexeitamento á pervivencia dos monopolios, na mesma liña que solicita tamén a propia Comisión Europea", conclúen.

Desde a CoGaVe afirman que no ano 2024 o prezo da ITV rexistra un novo incremento, tanto para vehículos con motor de gasolina como diésel.

Neste sentido, propoñen a liberalización, como medida alternativa, e que poidan ser habilitados como puntos de exercicio ou estacións de ITV os concesionarios oficiais e talleres de vehículos que así o desexen, sempre e cando conten cos recursos de equipamento humano e técnico para iso. A este respecto, tamén, instan ás Administracións, que ademais de exercer os labores de control e supervisión de ditos puntos e estacións, ofrezan tamén o correspondente soporte económico que permita dita actividade, dotando do necesario equipamento técnico e humano ós concesionarios e talleres oficiais que desexen exercer esta actividade.

"A fin dos monopolios, que reclamamos desde a nosa entidade é beneficiosa para o conxunto da sociedade, xa que implica competitividade, co conseguinte incremento na calidade dos servizos prestados, toda vez que supón un abaratamento directo dos custos que o cidadán debe asumir", din.

0.16160297393799