A Comisión de Festas de Ramil organiza unha nova edición da Noite de San Xoán

LugoXa | TerraChaXa
A Comisión de Festas asegura que haberá carpa, música e ambiente festivo
fogueira-san-xoan-guitiriz
18 Jun 2025

A parroquia de Ramil, no concello de Castro de Rei, prepárase para celebrar a tradicional Noite de San Xoán o vindeiro domingo 23 de xuño a partir das 22:00 horas. A cita, organizada pola Comisión de Festas de Ramil, incluirá unha gran lumeira, música, baile e unha cea popular.

O menú estará composto por empanada, churrasco, criollo, sardiñas, viño, auga e refrescos. O prezo por persoa é de 15 euros, e a data límite para apuntarse é o mércores 18 de xuño. Para reservar praza, a organización facilita os seguintes teléfonos de contacto: Jose (676 845 872), Óscar (699 322 100) e Noly (679 605 444).

A Comisión de Festas asegura que haberá carpa, música e ambiente festivo, e anima a veciñanza e visitantes a participar nesta noite tan especial chea de tradición, lume e boa compañía.

⚙ Configurar cookies
0.16609597206116