A comisión de mobilidade acorda crear unha rotonda física en Ramón Ferreiro

LugoXa
A Comisión de Culutra, Turismo, Mobilidade e Infraestruturas aprobou algunhas das iniciativas presentadas polo PP para "facilitar a mobilidade en diferentes puntos da cidade".
nova rotonda ramon ferreiro
19 Out 2023

A Comisión de Culutra, Turismo, Mobilidade e Infraestruturas aprobou algunhas das iniciativas presentadas polo PP para "facilitar a mobilidade en diferentes puntos da cidade".

Os populares puxeron sobre a mesa unha proposta para a construción dunha rotonda física elevada na confluencia das rúas Anxo López Pérez, Rúa Vilalba, Rodríguez Mourelo e Ramón Ferreiro. Consideran que tal e como está sinalizada provoca dúbidas e dificultades de interpretación polo que o equipo de Goberno tomou en consideración esta suxerencia.

Tamén admitiu a proposta para mellorar a mobilidade para os veciños que residen o Carril das Frores xa que "dende que se cortou o acceso dende a Ronda da Muralla o tráfico de subida e baixada por esta vía é complicado".

Tamén solicitan buscar alternativas para que poidan acceder vehículos ás vivendas situadas a carón do río da Chanca dende a estrada de San Eufrasio. Por tratarse dunha solución que afecta a un vial da Diputación trasladarase esta cuestión ao ente provincial.

Tamén reuniuse a comisión especial de Suxestións e reclamacións onde o PP pediu que as medidas para revitalizar a Praza e o Mercado Municipal se consensúen cos praceros.

Os populares solicitaron que o Goberno local axilice a convocatoria da Comisión Consultiva de Prazas e Mercados, na que están representados os praceros e que non se convocou en 12 anos.

Tamén consideran que é momento de actualizar a ordenanza municipal que é do ano 2011 para adaptar o seu contido ás demandas e necesidades actuais.

Con respecto ao informe de queixas a concelleira popular Mar Carballas pediu máis axilidade ao goberno local para contestar en tempo e forma ás peticións veciñais “pedimos que sexa un organismo máis dinámico” xa que máis da metade das peticións están pendentes de resposta.

0.19597101211548