A comunidade educativa do CEIP Paradai reclama melloras no centro

LugoXa
A Tenencia de Alcaldía apoia as reclamacións unha visita na que confirmou a situación do centro
reclamacion-de-melloras-no-ceip-paradai
14 Jan 2025

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que a Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento reclamará á Xunta de Galiza unha renovación integral do pavillón deportivo do CEIP Paradai. O tenente alcalde anunciou que o Goberno de Lugo actuará para arranxar o alumeado, renovando as luminarias fundidas, e afirmou que a Xunta "ten que arranxar a cuberta e solucionar as goteiras que supoñen molestias entre as e os usuarios da instalación", e engadiu "non se trata só da comunidade educativa, senón dun importante número de equipos de distintos deportes que usan este espazo para adestrar".

Na actualidade, esta instalación é utilizada entre as 18:00 e as 00:00 horas de luns a domingo por persoas alleas á comunidade educativa, e en horario lectivo polo estudantado do correo. As actividades en múltiples ocasións teñen que modificarse debido ás goteiras producidas polo desgaste da cuberta desta instalación.

O Tenente Alcalde lembrou que “a Xunta de Galiza ten as competencias en educación e debería encargarse de todas as cuestións relacionadas”. Para Rubén Arroxo, “os servizos que os concellos prestamos aos colexios supoñen un gran esforzo ano tras ano, tanto económico como administrativo”.

0.16991305351257