A concelleira de Participación mantivo unha xuntanza con representantes do tecido asociativo de Lugo

LugoXa
A concelleira de Participación mantén unha xuntanza con representantes do tecido asociativo de Lugo para falar das xestións realizadas
reunion tecido asociativo
10 May 2023

A concelleira de Participación e Servizos á Cidadanía, Cristina López, reuniuse con representantes do tecido asociativo da cidade para dar conta das xestións iniciadas ao fronte da Área de Participación e Servizos á Veciñanza a respecto das subvencións ás distintas asociacións que desenvolven a súa actividade en Lugo.

Cristina López destacou que “resulta fundamental manter un contacto directo coas persoas que forman parte do asociacionismo en Lugo, tanto no eido veciñal como en outros ámbitos, por que son eles os que manteñen viva a actividade na cidade, nos barrios e nas parroquias durante todo o ano”.

A edil destacou a mellora posta en marcha nos últimos anos a respecto das subvencións para estas asociacións “modificamos o procedemento, conseguindo unha maior axilidade e mellorando as tramitacións” explicou Cristina López.

“Desde o Goberno de Lugo tratamos de adiantar a data de convocatoria das axudas para facilitar a xestión ás asociacións” afirmou López que tamén agradeceu a presenza a todas as persoas que acudiron á xuntanza en representación das súas correspondetes asociacións entidades.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18758797645569