A concellería de Medio Rural aumenta os puntos de luz na zona das Chousas Vellas
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o tenente de Alcaldesa e concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, visitaron a parroquia de Santa María de Bóveda para ver o resultado das obras realizadas para mellorar a iluminación da zona de As Chousas Vellas, coas que se da resposta a unha petición da veciñanza.
Con esta actuación, executadas polo Servizo Eléctrico Rural do Concello, duplicaronse os puntos de luz, aumentando seis novos e pasando de cinco a once, o que incrementa a luminosidade da zona e garante unha maior visibilidade, así como una maior seguridade dos residentes.
Ademais do incremento de luminarias, actuouse na mellora da eficiencia enerxética e aforro de custes económicos para o Concello instalando luces LED en todos os puntos.
A rexedora explicou que a aposta do equipo de Goberno pola sostibilidade e a confortabilidade dos espazos públicos tanto na zona urbana como rural queda unha vez máis de manifesto con obras de esta envergadura.
A execución súmase ás que vén realizando a brigada municipal dos servizos eléctricos do rural ao longo de todo ano, encargándose do mantemento da totalidade do alumeado público das parroquias.