A concentración de motos máis solidaria e elegante volve percorrer as rúas de Lugo

LugoXa
A Distinguished Gentleman's Ride, que reunirá motocicletas clásicas, neoclásicas e de estilo vintage, busca recadar fondos en apoio da saúde mental e a investigación do cancro de próstata
Distinguished-Gentleman-Rice
Presentación do evento
18 Maio 2024

The Distinguished Gentleman's Ride, a concentración de motos máis solidaria e elegante volve percorrer as rúas de Lugo. A cita terá lugar este domingo 19 de maio en apoio da saúde mental e a investigación do cancro de próstata. O colectivo concentrarase nun punto da cidade, unicamente coñecido polos que forman parte da iniciativa, para logo realizar un percorrido polas rúas lucenses, cunha parada na praza Maior, ademais de desfrutar de animación musical e do xantar de confraternidade.

Reuniranse na cidade motocicletas clásicas, neoclásicas e de estilo vintage pilotadas por moteiros e moteiras ataviados cunha vestimenta elegante. É o terceiro ano que Lugo se suma a esta acción e espérase que participen entre 140 ou 150 motos como nas dúas edicións anteriores. A finalidade é pasar unha xornada de convivencia e recadar fondos achegados polos participantes para a fundación Movember, co fin de impulsar a investigación sobre problemas de saúde como o cancro de próstata.

Deste xeito, manteñen o evento benéfico de motociclismo e de carácter internacional, pois celébrase en trinta cidades españolas e en máis de 900 en todo o mundo. Os interesados en participar deben estar rexistrados na web www.gentlemansride.com para coñecer tamén os detalles do percorrido.

0.20295286178589