A Confederación Hidrográfica do Cantábrico iniciou os labores de mantemento no leito do rego Pasadiña, en Baleira

LugoXa
A Confederación Hidrográfica do Cantábrico iniciou os traballos de mantemento e conservación no leito do rego Pasadiña, no Couto, en Baleira.
Traballos de retirada de restos vexetais arrastrados pola corrente
7 Xul 2023

A Confederación Hidrográfica do Cantábrico iniciou os traballos de mantemento e conservación no leito do rego Pasadiña, no Couto, no concello de Baleira.

A actuación execútase nun tramo rural de 850 m de lonxitude e conta cun orzamento inicial de 10.500 euros. O propósito dos traballos é adecuar a vexetación que crece dentro do propio leito e retirar árbores caídas e outros depósitos de restos vexetais arrastrados pola corrente, co obxectivo de evitar a formación tapones e manter a capacidade de desaugadoiro do leito.

Estes traballos realízanse a través da empresa pública Tragsa dentro do Programa de mantemento e conservación de leitos que desenvolve a Confederación Hidrográfica do Cantábrico fóra das zonas urbanas, nas que os labores de conservación e mantemento de leitos son competencia dos concellos.

0.19871616363525