A Confraría do Bo Xesús outorgoulle unha insignia ao Concello de Lugo por 75 anos de irmandade

LugoXa
O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, recibiu, en nome do Concello de Lugo, a insignia de honra outorgada pola Confraría do Bo Xesús no acto para conmemorar o 75 aniversario da irmandade.
Confraría do Bo Xesús Concello de Lugo
14 Apr 2024

O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, recibiu, en nome do Concello de Lugo, a insignia de honra outorgada pola Confraría do Bo Xesús no acto para conmemorar o 75 aniversario da irmandade.

Este recoñecemento, entregado en virtude do compromiso e apoio prestado pola cidade de Lugo a esta entidade desde mediados do século XX, simboliza a colaboración entre a Administración lcoal e a irmandade.

“Sen dúbida, a rica tradición e o invaluable labor que a Confraría desempeña na divulgación e conservación do patrimonio histórico e artístico da nosa cidade son dignas de admiración. A súa dedicación contribúe significativamente a preservar as raíces culturais que dan forma á identidade de Lugo e que, co paso dos anos, tórnanse máis valioso se cabe”, sinalou Repetto tras o emotivo acto.

Así mesmo, o concelleiro agradeceu a contribución das persoas cofrades na difusión da imaxe da nosa cidade: “O compromiso constante da confraría coa difusión da historia e a promoción dos nosos tesouros patrimoniais é fundamental para fortalecer o vínculo entre a comunidade e o seu legado. A través do seu esforzo, xeracións presentes e futuras terán a oportunidade de apreciar e valorar a riqueza histórica e artística que nos define como urbe”, concluíu.

0.16958713531494