A conselleira Maite Ferreiro reúnese con integrantes da asociación ASFEGA

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, mantivo unha xuntanza con integrantes da Asociación de Enfermidades Metabólicas Hereditarias de Galiza, ASFEGA, para, segundo explicou a edil de Cultura "buscar vías de colaboración coas actividades desta asociación e difundir o traballo que realizan"
A concelleira de Cultura mantivo esta xuntanza seguindo na liña de traballo da Tenencia de Alcaldía, que busca coñecer de primeira man as propostas e necesidades do tecido asociativo da cidade. As concelleiras e concelleiros das áreas da Tenencia de Alcaldía manteñen ao longo do ano unha serie de xuntanzas con distintos proxectos asociativos.
ASFEGA nace en 1990 cando un grupo de pais, de toda Galiza, decide unirse para loitar contra as dificultades vinculadas ás enfermidades metabólicas hereditarias padecidas polos seus fillos. Anteriormente, este colectivo estaba moi desamparado porque ao ser enfermidades pouco habituais existía un descoñecemento total sobre os seus tratamentos, alimentación necesaria etc.