A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade recibiu once ofertas da 2ª fase da autovía Nadela-Sarria

LugoXa | SarriaXa
La Consellería de Infraestructuras y Movilidad recibió once ofertas de la segunda fase de la autovía Nadela-Sarria.
autovia nadela sarria obras
21 Abr 2022

A redacción do proxecto da segunda fase da autovía Nadela-Sarria foi punto de interese para 17 empresas que remitiron as súas ofertas á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Esta segunda fase da autovía comprende os traballos que se realizarán no tramo que conectará Luco coa A-6 a Autovía do Noroeste, que ten un custe estimado de 30 millóns de euros.

Desta forma, o Goberno galego ten previsto comezar a redacción do proxecto este verán para que no outono se executen os traballos e quede aberto o primeiro tramo da nova vía Nadela-Sarria.

Este proxecto completará o desdobramento da actual vía de altas prestacións Lugo-Sarria, polo que as ofertas inclúen redacción do proxecto de trazado, estudo de impacto ambiental e proxecto construtivo para o tramo de 13,5 quilómetros xa mencionado.

En total, foron presentadas once ofertas, seis das mesmas obxecto de UTE’s. As UTEs son Unións Temporais de Empresas polo cal, dúas ou máis empresas se unen para realizar unha obra ou prestar un servizo determinado.

Actualmente estanse levando a cabo os traballos na primeira fase da autovía. Trátanse de 11,5 quilómetros entre A Pobra de San Xiao e Sarria Centro, o tramo máis concorrido da estrada, cuxa inversión ascende aos 25 millóns de euros.

0.10575604438782