A contorna do CEIP Albeiros contará cunha nova senda peonil

LugoXa
A área de Mobilidade está a realizar os traballos de execución dunha nova senda peonil na contorna do CEIP Albeiros
ceip albeiros contorna Lugo
4 sep 2021

A área de Mobilidade está a realizar os traballos de execución dunha nova senda peonil na contorna do CEIP Albeiros e durante estes días procederase a modificar as rúas Xenebro, Illa de Ons e o acceso ao CEIP Albeiros desde a Rolda Norte.

Unha vez rematen os traballos entrará en vigor a nova ordenación do tráfico aprobada na comisión de tráfico celebrada en marzo deste ano.

Esta reordenación afectará ás rúas do Xenebro, Garaballa de Arriba (treito sen beirarrúas) e rúa Illa de Ons, e instalarase sinalización horizontal de banda de preferencia de tránsito peonil.

A Rúa Xenebro pasará a ser de sentido único dende Rúa Illa de Ons ata a conexión coa vía de servizo da Ronda Norte (Garaballa de Arriba) e habilitarase unha banda de preferencia de uso peonil na marxe dereita, que continuará no treito da vía de servizo da Ronda Norte dende a glorieta (Garaballa de Arriba ata o CEIP Albeiros), percorrendo a mesma dende a Ronda Norte ata o CEIP Albeiros.

Na rúa Illa de Ons, dende a Rúa Pardillo ata a Rúa Xenebro, modificarase a circulación, quedando en sentido único e percorrendo a vía dende a Rúa do Pardillo ata a Rúa Xenebro, con banda de preferencia de uso peonil na marxe dereita.

O tramo da Rúa Xenebro comprendido entre Rúa Illa de Ons e Rúa Dolmen manterá o dobre sentido de circulación para o tráfico rodado, con banda de preferencia peonil na marxe dereita.

O edil de Infraestruturas, Alexandre Penas explicou se trata "dunha importante modificación da circulación que servirá para dar máis seguridade a unha zona escolar que carece de pasos de peóns axeitados, algo que foi solicitado en diversas ocasións polas familias que acuden ao centro".

senda peonil albeiros lugo
0.19402718544006