A Copa Deputación de Baloncesto reunirá en Lugo a 36 equipos o 8 de decembro

LugoXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A competición, patrocinada pola Vicepresidencia provincial, celebrará unha xornada completa con arredor de 450 deportistas das categorías base
Copa-Deputación-de-Baloncesto-25
3 Dec 2025

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa unha nova edición da Copa Deputación de Baloncesto, que terá lugar o 8 de decembro e contará coa participación de 36 equipos procedentes de CB Burela, Celtas de Foz, CB Ría de Ribadeo, Franciscanos, Sagrado Corazón, Maristas, San Xillao, Estudiantes, Ensino e CB Monforte.

A xornada estenderase ao longo de todo o día en diferentes instalacións deportivas da cidade, ofrecendo unha ampla programación de encontros nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

Os partidos disputaranse nas pistas do Anexo, do Pazo dos Deportes e nos pavillóns dos colexios María Auxiliadora e Galén, escenarios que acollerán unha intensa actividade deportiva con arredor de 450 xogadores e xogadoras de toda a provincia. A cita busca non só promover a competición, senón tamén favorecer a convivencia entre as futuras promesas do baloncesto lucense.

O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, destacou o compromiso dos clubs participantes e o dinamismo do baloncesto na provincia, subliñando que Lugo “é unha provincia de baloncesto, e a reunión de tantas rapazas e rapaces nunha ponte demostra que hai moitas ganas de xogar e de disfrutar co baloncesto”.

O torneo, organizado por Ensino Lugo, forma parte da aposta da Vicepresidencia provincial polo deporte base, facilitando ás novas xeracións a oportunidade de compartir unha xornada dedicada á competición e ao espírito deportivo.

⚙ Configurar cookies
0.080152988433838