Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid continúa coa súa lenta subida debido a varios contaxios importados, segundo as primeiras estimacións centralizándose estes na capital da provincia. Así, hoxe hai 54 casos activos, 4 máis que onte, cun rexistro de 6 novos positivos e 2 altas. Onte a subida foi de 7 casos, con 7 novos contaxios e ningunha alta.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.037 casos rexistrados e 254 persoas falecidas, 37 nesta quinta vaga.
A presión hospitalaria mantense en 3 persoas ingresadas: queda unha na UCI do Hula e 2 en planta, tamén no centro hospitalario de Lugo.
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.
POR COMARCAS
O número de concellos afectados baixan algo máis, xa son 9 os que quedan con algunha incidencia do virus. Na Mariña están Riotorto e Ribadeo afectados; Na Terra Chá seguen Castro de Rei e Outeiro de Rei; No centro seguen afectados Lugo e Ribeira de Piquín e queda limpo Baleira, e no sur seguen con casos en Monforte, Sarria e Chantada. En Lugo é onde soben os contaxios de forma máis significativa.
A Mariña
- Por debaixo de 10: Riotorto e Ribadeo.
- Burela leva unha semana sen casos.
- Máis de quince días limpos: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Riotorto, Trabada, Viveiro e Xove
Terra Chá
- Por debaixo de 10 contaxios: Castro de Rei e Outeiro de Rei.
- Entre 1 semana e 15 días sen casos: Guitiriz, A Pastoriza e Abadín.
- Máis de quince días limpos: As Pontes, Begonte, Cospeito, Friol, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade. Únese Vilalba.
Comarca de Sarria
- Sarria, por debaixo de 10.
- Máis de quince días limpos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo soben ata 22 (4 máis).
- Por debaixo de 10 contaxios: Ribeira de Piquín.
- Entre unha semana e 15 días sen casos: Castroverde e Baralla. Únese Baleira.
- Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Corgo, Palas de Rei, Pedrafita e Portomarín. Únese Becerreá.
Ribeira Sacra
- Por debaixo de 10 contaxios: Monforte e Chantada.
- O Saviñao suma unha semana sen casos.
- Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.
RESTRICIÓNS
Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.
- Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
- Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
- No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
- A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.