A covid recupera a tendencia á baixa con menos casos activos e só 2 novos contaxios

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
mascaras covid
20 Out 2021

A covid recupera a senda do descenso cunha nova caída de casos. Hoxe hai 40 casos activos, 5 menos que onte, cun rexistro de 2 positivos e 6 altas. Onte a subida foi de 1 enfermo con 4 novos contaxios e 5 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.976 casos rexistrados e 253 persoas falecidas, 36 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria segue con 4 persoas ingresadas en 2 hospitais. A UCI do Hula segue con 3 pacientes e nas diferentes plantas hai unha persoa no da Mariña.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

O goteo continúa. Súmase un novo concello con casos de covid malia a tendencia xeral á caída. Son xa 10 en total. Hai tres na Mariña (Burela, Alfoz e Xove) ademais de Lugo, Guntín, Monforte, Chantada, A Fonsagrada e O Corgo, tamén por debaixo de 10. Únese agora O Saviñao.

A Mariña

  • Burela, por debaixo de 10.
  • Alfoz, por debaixo de 10.
  • Xove, por debaixo de 10.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: O Vicedo, Ribadeo e Foz.
  • Máis de quince días limpos: A Pontenova, O Valadouro, Ourol, Riotorto, Mondoñedo, Trabada , Lourenzá, Barreiros, Viveiro e Cervo.

Terra Chá

  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Castro de Rei e Cospeito.
  • Máis de quince días limpos: A Pastoriza, Abadín, As Pontes, Begonte, Friol, Guitiriz, Muras, Outeiro de Rei, Pol, Rábade, Vilalba, Xermade e Meira.

Comarca de Sarria

  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Sarria.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Páramo, Samos, Triacastela, O Incio e Paradela.

Centro da provincia

  • Lugo mantén 10 casos.
  • Guntín, por debaixo de 10.
  • A Fonsagrada, por debaixo de 10.
  • O Corgo, por debaixo de 10.
  • Máis de quince días limpo: Antas de Ulla, As Nogais, Baralla Baleira, Becerreá, Cervantes, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Palas de Rei, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín. Únese Castroverde.

Ribeira Sacra

  • Monforte, por debaixo de 10 casos novos.
  • Chantada, por debaixo de 10 contaxios.
  • O Saviñao volve ter algún caso.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Pantón, Ribas de Sil, Sober, Taboada e Quiroga.

AS RESTRICIÓNS

  • Hostalaría: Os de 1 cunchiña levan 75% aforo no interior e 90% no exterior. Nos de 2 cunchiñas,  90% no interior e 100% no exterior. Permitidas reunións de 10 persoas en interior e 20 en exterior. Peche ás 1.00 horas.
  • Ocio nocturno: 50% en interior e 75% en exterior. Peche ás 3.00 horas para os de 1 cunchiña. Os de dúas serían 75% en interior e 100% en terrazas con peche ás 4.00 horas.
  • Comercio, cultura, ocio infantil e deportes aforo ao 90%. No hay limitacións de número de persoas.
  • Espectáculos musicais: de pé 66% de ocupación e 90% sentados.
  • Hospedaxe: 75% de ocupación das zonas comúns e ábrese o sistema de buffet libre e os aperitivos.
  • Transporte: 75% de ocupación máxima para as prazas de pé.
0.17932605743408