Os casos seguen estendéndose pola provincia con especial foco en Lugo

LugoXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid cribado pcr
24 Nov 2021

A escalada da covid mantense en crecemento sumando novos casos, aumentando os contaxios e a hospitalización.

Hoxe hai 336 casos activos, 34 máis que onte, cun rexistro de 47 novos positivos e 13 altas. Onte houbo 23 máis, con 30 novos contaxios e 7 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.392 casos rexistrados e 255 persoas falecidas, 38 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria aumenta algo máis con 6 persoas ingresadas (1 máis que onte). 4 están no Hula e 1 en Monforte e as UCI seguen baleiras.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións. As autoridades anunciaron novos cambios nas restricións que pasan por esixir o certificado covid durante todo o día en restaurantes e nos bares a partir das 21.00 horas e na redución dos grupos.

POR COMARCAS

Seguen sumándose concellos con casos detectados. Agora mesmo son 27 os que seguen limpos de covid.

A Mariña

  • Viveiro suma de novo ata 14 casos (2 máis).
  • O Vicedo, Barreiros e A Pontenova volven ter casos
  • Por debaixo de 10: Foz, Ribadeo, Alfoz, Xove, Mondoñedo e O Valadouro.
  • Unha semana sen casos: Burela.
  • Máis de quince días limpos: Cervo, Lourenzá, Ourol, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Vilalba suma ata os 13 casos (1 máis).
  • Outeiro de Rei suma 1 ata 15.
  • As Pontes e Pol volven ter casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Meira, Begonte, Friol, Castro de Rei, A Pastoriza e Xermade.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Guitiriz.
  • Máis de quince días limpos: Abadín, Cospeito, Muras, Rábade.

Comarca de Sarria

  • Sarria chega aos 14 contaxios, 4 máis.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Paradela, O Páramo, Láncara e O Incio.
  • Máis de quince días limpos Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen á alza. Xa son 155 (14 máis).
  • Castroverde volve ter casos.
  • As Nogais mantén 11 positivos.
  • Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Palas, Antas, Baralla, Pedrafita e Portomarín
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Becerreá, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín. Únese Baleira.

Ribeira Sacra

  • Chantada chega aos 10 casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Carballedo, Folgoso do Courel, Monforte e A Pobra de Brollón.
  • Máis de quince días limpo: Bóveda, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
0.16522002220154