A Cruz Vermella de Lugo inaugura Espazo Milagrosa para as familias vulnerables
O colectivo de voluntarios de Cruz Vermella presentaron un novo local desta entidade, na rúa Mallorca co fin de atender as necesidades das persoas vulnerables dos barrios da Milagrosa, Lamas de Prado, Milagrosa, Albeiros, Piringalla e Paradai.
Espazo Milagrosa, é un lugar moderno e adaptado ás necesidades actuais destinado á atención integral das familias máis vulnerables da contorna.
Ao acto de inauguración asistiron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o presidente da Cruz Vermella en Lugo, Luis Abelleira; a concelleira de Benestar, Olga López, e o presidente da Federación de Veciños, Jesús Vázquez.
Méndez felicitou á entidade por esta iniciativa, e puxo en valor o traballo do voluntariado, “clave para a transformación social, ambiental e económica da cidade”. Así mesmo, lembrou que Cruz Vermella “colabora co Concello de Lugo nas numerosas iniciativas que estamos a desenvolver para atender aos colectivos máis desfavorecidos”.
A través de esa instalación, Cruz Vermella pretende dar servizo a preto de 200 persoas e nel desenvolveranse accións de orientación, acompañamento e mediación social, orientación e intermediación laboral, acompañamento a persoas maiores, reforzo escolar para nenos e nenas, lecer inclusivo e adquisición de competencias básicas para colectivos vulnerables.