A cultura do cabalo toma protagonismo na romería de San Lourenzo, en Becerreá

LugoXa
Desenvolverán unha rapa e actividades divulgativas, que contan co apoio da Vicepresidencia da Deputación
romería-de-San-Lourenzo
5 Ago 2024

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa rapa das bestas e as actividades de divulgación da cultura do cabalo que se desenvolverán durante a romería de San Lorenzo na Pena do Pico, na parroquia de Penamaior, no concello de Becerreá, o vindeiro domingo  -11 de agosto-. O deputado de Rural Daniel García e a deputada de Cultura Iria Castro reuníronse con representantes de Rente ao Couce e da gandeiría Teixeiro E Pistón,  organizadoras da romaría e da rapa, que se celebra por primeira vez nesta xornada e na que participarán tamén outras ganderías da contorna.

Ademais da rapa, durante a xornada,  desenvolverase un programa de conferencias sobre o cabelo galego e o seu uso no monte,  a partir das experiencias de Puraga, dos comuneiros do MVMC de Carballo, de Friol e das gandeirías da zona que introduciron o cabalo para complementar o silvopastoreo. Daniel García valorou  “a iniciativa de Rente ao Couce e das gandeirías de aproveitar a romeria popular e o entorno natural no que se celebra para celebrar a rapa e un programa divulgativo que contribúe a dimensionar a importancia desta tradición para a vida do cabalo no monte e que valoriza a contribución da gandería extensiva ao mantemento do territorio”.

Programa

11. 00 h.
Subida deportiva

12.00 h.
Charla: “A historia da romaría de San Lourenzo”. Xavier Moure

13.00 h.
Misa campestre

13.45 h
Sesión vermú e comida campestre

16.00 h.
Conferencia e demostracións sobre o cabalo galego e o seu uso no monte.
Presenta e modera. Miguel Cordero (Granxa Teixeiro E Pistón)
“O léxico da hipoloxía no galego oral e o cabalo galego. Morfoloxía e
funcionalidade” Fernando        Groba (Puraga)
“Presentación e explicación das fases da rapa do cabalo galego no monte
e o seu uso como xestor do medio e da biomasa”. Ángel Buján (Lito de
MVMC Carballo)

17.00 h
Rapa das Bestas
Ganderías : Teixeiro E Pistón, Ramos, Moreira, Liñares

19.00 h.
Grupo de Gaitas Os Trasnos

20.30 h. DJ DBC
21.30 h. Cea
23.00 h. Verbena

0.15011096000671