A cultura tradicional galega será protagonista no San Froilán

LugoXa
Maite Ferreiro, presentou as actividades relacionadas coa cultura tradicional galega organizadas dentro do San Froilán 2022
Portada San Froilan cultura galega
30 sep 2022

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades relacionadas coa cultura tradicional galega organizadas dentro do San Froilán 2022. Maite Ferreiro afirmou que “a cultura tradicional galega é protagonista un ano máis da gran festa do outono galego cunha gran selección de actividades de calidade para achegar a toda a veciñanza as distintas expresións culturais que se continúan a manter e recuperar nos nosos días”.

Maite Ferreiro presentou, xunto con integrantes das distintas asociacións culturais implicadas no programa do San Froilán, entre as que se atopaban Cántigas e Frores, responsábeis do XX Festival de Música Tradicional, que se celebrará o sábado 8 a partir das 17:00 na praza de Santa María; a asociación Oxeito, organizadores da Verbena Galega D’antes (mércores 5 ás 18:00 no templete da Praza Maior); a Asociación de Gaiteiros Galegos, que organiza a XXIV Mostra de Música Tradicional Galega do Domingo das Mozas, que animará as rúas do casco histórico con máis dunha ducia de agrupacións tradicionais ou Traxandaina, responsábeis da mostra Cultura e Tradición no Camiño que se pode visitar no Vello Cárcere durante todos os días das festas.

A volta da gran festa do outono galego sen restriccións sanitarias supón a volta de actividades que nos anos da pandemia se aprazaron debido ás masificacións, como a celebración do desfile do traxe tradicional, que cumple este ano o seu 50 aniversario ou a volta do desfile do gando, que terá lugar o venres 7 ás 6 da tarde.

0.19780015945435