A cultura tradicional galega terá moito peso no San Froilán

LugoXa
A gran festa do outono galego contará novamente con actividades como o Festival de Música Tradicional, a Verbena Galega D'antes, a Mostra de Música Tradicional Galega do Domingo das Mozas ou o Cultura e Tradición no Camiño.
presentacion programa san froilan
8 Sep 2023

A gran festa do outono galego contará novamente con actividades como o Festival de Música Tradicional, a Verbena Galega D'antes, a Mostra de Música Tradicional Galega do Domingo das Mozas ou o Cultura e Tradición no Camiño.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades relacionadas coa cultura tradicional galega organizadas dentro do San Froilán 2023. Maite Ferreiro afirmou que "a cultura tradicional galega é protagonista un ano máis da gran festa do outono galego cunha gran selección de actividades de calidade para achegar a toda a veciñanza as distintas expresións culturais que se continúan a manter e recuperar nos nosos días".

Maite Ferreiro presentou, xunto con integrantes das distintas asociacións culturais implicadas no programa do San Froilán, entre as que se atopaban Cántigas e Frores, responsábeis do XXI Festival de Música Tradicional; a asociación Oxeito, organizadores da Verbena Galega D'antes; ou a Asociación de Gaiteiros Galegos, que organiza a XXV Mostra de Música Tradicional Galega do Domingo das Mozas, que animará as rúas do casco histórico con máis dunha ducia de agrupacións tradicionais.

Ferreiro destacou que a cultura tradicional galega conta, como cada ano, cun “importante peso” na programación das festas. “Como administración, é o noso deber traballar na conservación e promoción dos nosos elementos culturais máis relevantes”.

O PP retírase da comisión de festas do San Froilán

O Grupo Municipal do Partido Popular presentou hoxe un escrito comunicando ao bipartito que se retira da Comisión de Festas do San Froilán. O concelleiro popular Javier Vázquez explica as razóns polas que
plantan esta comisión.

Unha das primeiras razóns é o mando disfrazado baixo a apariencia de comisión, afirmando que “non é unha comisión é unha sumisión xa que se utiliza este foro para informar dunha programación que xa teñen decidida con antelación. Aos dous días de xuntarnos desvelan nos medios de comunicación
actuacións e actividades que nin mencionaron na xuntanza do luns”.

Rexeitan, ademais, o ninguneo permanente do bipartito “fixemos unha batería de propostas e non se nos deu retorno, tan só garantizaron o pregoeiro que propuxemos”. No momento en que queiran contar con
nós e darnos participación real aquí estaremos sempre a súa disposición”.

Outra das razóns é o boicoteo do PSOE ao San Froilán que contraprograma e aposta de forma clara polo Caudal Fest e que garda silencio sen prestar ningún interese en presumir das patronais de Lugo cando é un evento senlleiro que forma parte do patrimonio cultural inmaterial de Lugo.

Non son as nosas festas”. Non nos sentimos representandos nun programa no que hai moito de improvisación e irregulariedades en contratacións como a maquetación, edición e impresión de programas
das festas cuxo contrato prorrogaron fóra de prazo e por iso se paga con reparo de legalidade”,  explicaba hoxe o concelleiro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14864492416382