A Delegación da Xunta acolle este sábado a segunda edición do Torneo de Mus
LugoXa
Iniciarase ás 10.00 horas e prolongarase ata as 23.00 horas, con partidas durante toda a xornada
13 Sep 2024
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle este sábado, 14 de setembro, o II Torneo de Mus Xunta de Galicia, organizado pola asociación Gaudeamus en colaboración coa Asociación Española de Mus (Asesmus).
O delegado territorial, Javier Arias, e o delegado de Asesmus en Lugo e membro do colectivo Gaudeamus, José Ángel Trigo, presentaron hoxe o campionato, no que participarán 41 parellas de xogadores de diferentes puntos de Galicia, Asturias e León.
O torneo iniciarase ás 10.00 horas e prolongarase ata as 23.00 horas, con partidas durante toda a xornada. A parella gañadora farase cun pase para participar no XIII Máster Nacional de Gandía 2024. Repartiranse ademais outros premios entre os primeiros clasificados.