A delegación da Xunta acolle o sábado o I Torneo de Mus

LugoXa
A Delegación Territorial da Administración autonómica en Lugo acolle o vindeiro sábado, 30 de setembro, o I Torneo de Mus Xunta de Galicia, organizado pola asociación Gaudeamus en colaboración coa Asociación Española de Mus (Asesmus).
torneo de mus xunta de galicia
28 sep 2023

A Delegación Territorial da Administración autonómica en Lugo acolle o vindeiro sábado, 30 de setembro, o I Torneo de Mus Xunta de Galicia, organizado pola asociación Gaudeamus en colaboración coa Asociación Española de Mus (Asesmus).

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o delegado de Asesmus en Lugo e membro do colectivo Gaudeamus, José Ángel Trigo, presentaron hoxe o campionato, que reunirá a xogadores de diferentes puntos de Galicia e Asturias. Poden participar un máximo de 64 parellas e ata o de agora xa se apuntaron 50.

A parella gañadora do torneo terá un pase para participar no Campionato de España de Mus de Burgos 2023. Tamén se repartirán premios en metálico entre os primeiros clasificados e entregaranse trofeos e outros galardóns. A xornada comezará ás 09.15 horas coa acreditación dos participantes e a partir das 10.00 horas iniciarase o torneo. As partidas durarán todo o día, cun descanso para comer.

0.1259298324585