A Deputación activa un dispositivo de seguridade viaria na zona centro e sur da provincia

RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa
A Deputación manterá despregado ao 100% o do dispositivo invernal para esta fin de semana ante a previsión de xeadas
inverno estradas neve
3 Dec 2022

A Deputación de Lugo manterá despregado ao 100% os medios do dispositivo invernal para esta fin de semana ante a previsión de xeadas na zona centro e sur da provincia. Concretamente, a institución provincial porá todos os seus recursos, tanto humanos como técnicos, á disposición da veciñanza da provincia, para manter a rede viaria provincial e municipal o máis segura posible durante estes días e atender as incidencias provocadas polas complicacións meteorolóxicas.

A institución provincial despregará, polo tanto, un total de 112 operarios e 64 máquinas, e disporá de máis de 420 toneladas de sal nos 12 silos cos que conta, situados estratexicamente noutros tantos concellos da provincia, para conseguir desfacer as placas de xeo que haxa no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios e usuarias das vías.

A Deputación recomenda á veciñanza consultar as previsións meteorolóxicas antes de realizar saídas e extremar todas as precaucións.

Estrada de Martín

Por outra banda, a institución abriu este venres á circulación a estrada de Martín, en Baleira, despois de concluír, quince días antes do previsto, a execución dun muro para reparar un afundimento na vía debido a unha rotura do terraplén que tivo lugar o pasado 10 de novembro. Trátase da LU-P-5401, que une Boel coa estrada de Meira ao Cádavo, á altura da Muíña, por Martín.

0.10099291801453