A Deputación actuará en cinco estradas do concello de Baleira

LugoXa
As actuacións, cun orzamento de 224.000 euros, inclúen a reapertura de cunetas, reparación de desperfectos e repavimentación
obras-estrada-feira-do-monte-castro-ribeiras-de-lea
8 Feb 2025

Na Xunta de Goberno a Deputación sacou adiante unha importante inversión de máis de 500.000 euros  para mellorar seis vías que atravesan tres concellos da provincia. A

Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, subliñou que estas melloras na rede viaria provincial responden “ao noso firme compromiso por garantir a seguridade e a comodidade na mobilidade, facer máis modernas e accesibles as nosas infraestruturas e mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.

Concretamente, en Baleira, licitáronse as obras de rehabilitación para mellorar 5 estradas de montaña. Concretamente, a institución provincial actuará nos 22 primeiros quilómetros da estrada LU-P-0401, que comunica Corveira con Restelo por Córneas; no tramo inicial ata o quilómetro 12 na LU-P-0405, que une Fonteo con A Lastra; nos 8 quilómetros de inicio da LU-P-0407, que vai de Fontaneira ao Vilar dos Adrios; tamén nos 3 de inicio da LU-P-0408, que conecta Córneas con A Lastra por Freixo; e por último, nos preto de 4 quilómetros da LU-P-0409 entre Córneas e Villardoi.

As actuacións, cun orzamento de 224.000 euros, inclúen a reapertura de cunetas, reparación de desperfectos e repavimentación. O prazo de execución é de 3 meses desde o seu inicio.

“Trátase dun proxecto moi importante porque virá a mellorar de xeito significativo as comunicacións entre varias parroquias e aldeas neste concello da Montaña lucense”, valorou García Porto.

0.15875101089478