A Deputación adxudica a explotación do Club Naútico de Portomarín

LugoXa
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aproba a adxudicación por concurso da explotación do Club Náutico de Portomarín, de titularidade provincial.
club nautico portomarin
21 Xan 2023

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aproba a adxudicación por concurso da explotación do Club Náutico de Portomarín, de titularidade provincial. A oferta con máis puntuación das presentadas é unha proposta para explotar este espazo como cafetería e restaurante.

As instalacións do club náutico de Portomarín contan cun salón grande que pode usarse a modo de comedor e unha terraza sobre o Miño. Entre os criterios para a avaliación, tívose en conta o prezo ofertado, os investimentos en equipamento propostos para as instalacións, e a memoria técnica e xestión empresarial.

A concesión é por un período de dous anos, coa posibilidade de dúas prórrogas máis dun ano cada unha. O prezo mensual que debe abonar a adxudicataria é de 310€, o que suporá 3.720€ ó ano. “Coa concesión deste tipo de instalacións, como pode ser o Club Náutico de Portomarín, o de Ponte do Sil ou o Mazo de Santa Comba, a Deputación non busca rendibilidade económica, senón promover o uso e manter activas estas dependencias, de alto atractivo hostaleiro e turístico, para que sexan aproveitadas pola cidadanía e xerar actividade económica na provincia”, explicou Pilar García Porto.

0.07431697845459