A Deputación adxudica o servizo de mantemento de 150 hortos urbanos

LugoXa
A Xunta de Goberno acordou por preto de 270.
Hortos rato portada
9 sep 2023

A Xunta de Goberno acordou por preto de 270.000€ e dous anos de duración a adxudicación do contrato para a dinamización, posta en valor e conservación destes espazos públicos que a institución provincial puxo a disposición da cidadanía no ano 2020 para fomentar a conciencia medioambiental e a agricultura ecolóxica.

A Xunta de Goberno celebrada este venres aprobou a adxudicación dun novo contrato para a dinamización, posta en valor e mantemento dos 150 hortos urbanos que a Deputación ten no paseo do Río Rato por un importe de 270.000€ e dous anos de duración, prorrogables por outros dous.

Con este servizo, ademais de manter en bo estado estes espazos públicos, a institución provincial ofrecerá aos usuarios e usuarias formación e asesoramento gratuíto e continuado no ámbito da horticultura ecolóxica e do coidado dos terreos, ademais de xestionar os recursos, materiais e maquinaria que a institución poida poñer á súa disposición para os cultivos.

Así mesmo, a adxudicataria deberá xestionar e organizar o día a día nos hortos, con atención presencial, telefónica e dixital en horario de mañá e tarde. Este servizo estará atendido por un coordinador e un xardineiro, que traballarán no coidado do espazo e deberán ter dedicación exclusiva.

Inclúese tamén a creación dunha páxina web para os usuarios e usuarias, así como para o público xeral, que inclúa o programa formativo completo e consellos para un maior éxito nos cultivos. A empresa adxudicataria é Coregal Parques e Xardíns S.L.

Tras a remodelación dos hortos urbanos, a Deputación puxo a disposición da cidadanía no ano 2020 estes espazos públicos para fomentar a conciencia ambiental e a agricultura ecolóxica.

0.20673990249634