A Deputación apoia a Feira L de Lugo da asociación da distribución de hostalería e alimentación lucense
A Deputación de Lugo colabora coa I Feira L de Lugo organizada pola Asociación de Distribuidores de Hostalería e Alimentación de Lugo (ADIS) no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo dende este sábado ata hoxe 26 de setembro.
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e a Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, visitaron este domingo a II Feira L de Lugo, organizada pola Asociación de Distribuidores de Hostalería e Alimentación de Lugo esta fin de semana no Pazo de Feiras. No seu percorrido polos diferentes expositores estiveron acompañados pola Alcaldesa da cidade, Lara Méndez, e o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández.
A institución provincial mantén este ano o seu expositor, dedicado á Reserva da Biosfera Terras do Miño, e unha achega de 15.000€ para a celebración desta cita que conta con máis dun centenar de expositores e inclúe no seu programa catas, degustacións ou exposicións de maquinaria específica para o sector da distribución e da hostalaría. Rivera Capón sinalou que “é fundamental colaborar con tecido asociativo e produtivo da provincia, para sacar adiante iniciativas que dinamicen social e economicamente o territorio, incidindo en sectores estratéxicos e fundamentais, como é o de servizos e, en concreto, a hostalería e a distribución” e engadiu que a cita L de Lugo naceu “coa vontade de ser un escaparate da nosa riqueza gastronómica e hostaleira, poñendo en valor o potencial turístico da nosa provincia. Uns obxectivos cos que tamén nos identificamos dende a Deputación de Lugo”.
A segunda edición da Feira L de Lugo conta con máis de 150 bodegas galegas e nacionais que en conxunto exporán máis dun millar de viños. Experiencias gastronómicas con produtos autóctonos, as últimas tendencias de coctelería, cociña ou mesmo panadería, da man dos mestres galegos son algunhas das cousas que poden atopar os visitantes. A cita celebrarase en horario de 12.00 a 21.00 e a entrada é gratuita para os menores de 18.
O longo do día de hoxe continúan os maridaxes e os show cookings.