A Deputación aposta polo emprendemento para fortalecer e diversificar o tecido produtivo

LugoXa
O Deputado de Promoción Económica e Social participou na presentación do informe executivo GEM Galicia 2020-2021.
191121 Presentación Informe GEM
19 Nov 2021

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este venres á presentación do informe executivo GEM Galicia 2020-2021, que tivo lugar no Salón de Graos da Facultade de ADE do Campus Terra. O documento, elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Federación Galega de Xoves Empresarios (FEGAXE), recolle os datos relativos ao perfil do emprendemento en Galicia e o impacto que tivo a pandemia neste ámbito.

“Se queremos impulsar a recuperación económica e transformar e modernizar a economía, precisamos datos e estudos como o que hoxe se presenta aquí, porque o coñecemento é sempre o mellor material sobre o que construír o futuro”, subliñou Pablo Rivera, quen destacou na súa intervención a importancia de apoiar o talento vinculado ao emprendemento para fortalecer e diversificar o tecido produtivo. Ó facelo, promovemos un ecosistema económico máis variado, moderno e atractivo para o investimento nacional e internacional”.

Neste sentido, lembrou a liña de diálogo e colaboración permanente que mantén a Deputación de Lugo co tecido produtivo da provincia, sinalando iniciativas en marcha como o programa Reiníciate: Dixitaliza a túa empresa, a través do que a institución ofrece formación e asesoramento gratuítos a pemes e autónomos para promover a dixitalización, ou tamén o apoio ao sector agroalimentario coas colaboracións que mantén co Campus Terra, como a que deu lugar á Granxa Experimental de Leite, nas instalacións provinciais de Gayoso Castro, un centro pioneiro en Galicia que combina formación e investigación universitarias.

191121 Presentación Informe GEM
0.1922070980072