A Deputación aproba a implantación dun sistema de fichaxe para 23 concellos

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Xunta de Goberno deste venres vén de licitar, por algo máis de 210.000€, esta nova subactuación no marco do Impulsa TIC
Pablo-Rivera-Deputación-de-Lugo
4 Jul 2025

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo celebrada este venres vén de licitar por algo máis de 210.000€ a contratación da implantación de puntos de fichaxe e sistemas de control de presenza en 23 concellos da provincia que decidiron formar parte desta nova subactuación, que se enmarca na ampliación do programa Impulsa TIC. Así o informou tras a reunión o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, quen sinalou que “este novo investimento súmase ós 4,3M€ de fondos europeos que foi quen de captar a Deputación para a transformación dixital e modernización dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia”.

Pablo Rivera informou que a través deste contrato dotarase a cada un destes concellos dun sistema que permita realizar un control horario da xornada laboral, a través de puntos de fichaxe físicos; de tarxetas contactless personalizadas para cada empregado; e dunha aplicación web que se poderá instalar desde o móbil, descargando unha app que permita tamén aos traballadores xestionar os seus permisos, licenzas, ou comunicar incidencias.

A duración do contrato será de dous meses. Para poder acometer esta nova actuación, a Deputación aprobou tamén a solicitude de ampliación do prazo de execución do programa Impulsa TIC ata decembro de 2025, tres meses máis do previsto inicialmente.

A duración deste novo contrato será de dous meses e servirá para seguir avanzando na transformación dixital e modernización dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia, a través das distintas iniciativas impulsadas pola Deputación de Lugo. Os fondos investidos ata o momento permitiron, por unha banda, a mellora da eficiencia dos servizos básicos de administración dixital e mellorar a interoperabilidade administrativa; e por outra, conseguir concellos máis resilientes con capacidade de ofrecer servizos electrónicos aos cidadáns, mellorando ademais a transparencia, apertura e accesibilidade municipal.

⚙ Configurar cookies
0.18434000015259