A Deputación investirá en Pol para completar as instalacións deportivas de Mosteiro

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Levarase a cabo cerramentos no polideportivo, a drenaxe perimetral da pista e mellorar as gradas do campo de fútbol dotándoas de equipamento e un sistema de climatización
campo-municipal-futbol-pol
Campo municipal de Pol
3 Ago 2024

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres investir 230.000 euros en Pol para completar as instalacións deportivas de Mosteiro. Así o informou a Voceira socialista, Pilar García Porto, quen lembrou que con esta nova achega a institución provincial leva xa investidos preto de 1 millón de euros para dotar a este municipio dunha gran área de lecer e deportiva cun campo de fútbol de herba natural e un área de xogos.

“Un importante compromiso que adquirimos para que este espazo se converta nun eixo dinamizador social e económico da localidade que favoreza o asentamento de poboación no rural”, explicou García Porto.

Detallou a Deputada que gracias a este novo investimento poderán levarse a cabo diferentes actuacións importantes para completar unhas instalacións deportivas de primeiro nivel. Neste sentido a institución provincial investirá algo máis de 47.080,27€ para os cerramentos do polideportivo, 43.757,79€ á mellora da drenaxe perimetral na pista e mellorar as gradas do campo de fútbol, achegando 45.265,10€ para o seu equipamento, 46.529,17€ para pinturas e revestimentos e outros 46.029,69€ para un sistema de climatización.

0.19619488716125