A Deputación aproba unha achega para dotar a Pedrafita cun camión de recollida de residuos sólidos
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou hoxe un conxunto de investimentos que superan en total máis de medio millón de euros para novas obras e servizos en concellos da provincia que servirán para mellorar o día a día da veciñanza.
Así o anunciou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen incidiu neste sentido en que a institución provincial converteuse nos últimos anos “nunha Administración fundamental para que os 67 concellos desta provincia presten máis e mellores servizos ós seus veciños e veciñas, resultando en moitos casos imprescindible para que poidan ofrecer as prestacións máis básicas”.
Unha destas achegas aprovadas pola Xunta de Goberno, según explicou García Porto, corresponde a 230.000€ que van destinados ao Concello de Pedrafita para a compra dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos co fin de prestar
un mellor servizo aos veciños e ás veciñas.