A Deputación celebra en Lugo o 50 aniversario do programa Mab da Unesco
A Deputación de Lugo, dentro do programa de actividades con motivo do 50 aniversario do programa Home e Biosfera (Mab) da Unesco, que promove e ampara as Reservas da Biosfera, vén de organizar unha xornada nos hortos urbanos que a institución provincial ten no Río Rato.
Durante a tarde deste xoves técnicos da USC impartiron unha conferencia para descubrir a integración das Reservas da Biosfera na agricultura e expúxose a primeira colleita dos usuarios e usuarias deste servizo provincial. Como xestora de dous dos espazos da provincia que contan con este recoñecemento, Terras do Miño e Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, a institución está a impulsar actos conmemorativos ata a vindeira semana, entre os que destacan conferencias, cursos, visitas, mostras e degustacións.