A Deputación colabora no libro do 125 aniversario da Banda de Música de Antas de Ulla

LugoXa
La Diputación de Lugo colabora con el libro del 125 aniversario de la Banda de Música de Antas de Ulla que se presentará este sábado 5.
banda antas 13
4 Feb 2022

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participará na presentación do libro Coa música a outra parte.125 Aniversario da Banda de Música de Antas de Ulla, unha recompilación da historia e da traxectoria da agrupación realizada por Eduardo Salgado Coego e José Manuel Salgado Mosquera que foi posible grazas ao financiamento da Deputación de Lugo. O acto terá lugar este sábado, ás 19.00 horas, na Praza Nova do Concello, no marco da gala Unha Historia que contar....

O libro relata ao longo das súas 144 páxinas a historia da banda de música de Antas, dende as orixes da formación a finais do século XIX. Ademais, dá conta dos seus integrantes ao longo destes 125 anos, dos temas máis populares nas diferentes décadas e recolle numerosas anécdotas da formación. A publicación tamén recupera as fotografías máis antigas da banda, partituras e documentos que relatan por si mesmos a pegada que esta formación musical tivo ao longo da súa historia non só no concello, na comarca e na provincia, senón en toda Galicia.

A Deputación de Lugo investiu un total de 15.423€ para a publicación deste libro, cunha tirada de 1.000 exemplares, a organización dunha exposición sobre o aniversario da banda e dous vídeos que documentan tamén ese percorrido da historia da formación realizados polo Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo. A maiores, a institución provincial colaborou con 18.000€ para a celebración dos distintos actos conmemorativos do seu aniversario, chegando deste xeito o total das achegas a preto de 36.000€.

A Banda de Música de Antas de Ulla fundouse en 1896 e mantivo de forma ininterrompida a súa actividade ata a Guerra Civil, cando se disolveu, retomándose o proxecto a principios dos anos 80. Trátase dunha das formacións máis antigas de Galicia e é unha embaixadora de primeiro nivel para a promoción do concello de Antas, da comarca da Ulloa e da provincia de Lugo, que contribúe a conservar e poñer en valor a cultura.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19295716285706