A Deputación dá luz verde ao novo Plan Anual de Contratación

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Ampliado o prazo da convocatoria da VIII edición do concurso fotográfico O Patrimonio Etnográfico material das reservas da biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses ata o vindeiro 20 de febreiro
deputacion-Xunta-de-Goberno---Pablo-Rivera
17 Jan 2025

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o Plan Anual de Contratación 2025 dotado con 27 millóns de euros. Un documento que recolle a previsión dos procedementos de contratación de servizos, subministracións e obras que desenvolverá a institución provincial ao longo deste ano. Así o informou o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, tras a sesión semanal do Goberno.

Segundo indicou o Deputado, a cifra do Plan Anual de Contratación 2025 é “estimativa”, pero a elaboración deste texto “reflicte a capacidade de planificación, de xestión e de transparencia deste Goberno”.

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou ampliar o prazo da convocatoria da VIII edición do concurso fotográfico: O Patrimonio Etnográfico Material das Reservas da Biosfera Terras de Miño e Os Ancares lucenses. Repartiranse 1.600 euros en premios entre os tres primeiros: 800 euros para o gañador, 500 e 300 euros. Os interesados en participar neste concurso teñen un mes máis, ata o 20 de febreiro, grazas a esta ampliación do prazo para presentar as súas fotografías. Que poderán ser en branco e negro ou en cor, deberán ser tomadas dentro do territorio das Reservas e presentadas en formato dixital xunto cunha copia en papel fotográfico no Rexistro provincial de San Marcos.

Adxudicado ademais o contrato para a subministración de papel de fibra virxe para a Deputación A adxudicataria é a empresa Kalamazoo Produtos de Oficina SLU por un importe de 13.068€ e a duración do contrato será dun ano sen posibilidade de prórroga.

0.1584529876709