A Deputación de Lugo aprobou licitar os traballos para acondicionar un tramo da LU-P-2405

LugoXa | TerraChaXa
A Deputación investirá máis de 270.000 euros para un proxecto que afectará ó tramo que vai desde o inicio da estrada ao punto quilométrico 11,972
Pilar-García-Porto
21 Dec 2024

A Deputación de Lugo aprobou licitar os traballos para acondicionar un tramo de preto de 12 quilómetros da LU-P-2405, que é a estrada que conecta Guntín e Pardellas, en Friol por Entrambasaguas e San Román.

A Deputación investirá máis de 270.000 euros para un proxecto que afectará ó tramo que vai desde o inicio da estrada ao punto quilométrico 11,972 e consistirá na reapertura das cunetas, pavimentación do firme e sinalización.

Trátase dunha actuación moi importante para ambos concellos porque vén completar as obras que se fixeron este outono nesta mesma estrada entre os puntos quilométricos 13,9 e 14,7 cun investimento de 26.000 euros.

Ademais, a estrada dá servizo a rutas de sendeirismo de gran interese, como a de San Román da Retorta, “o que incrementa o seu valor non só como vía de comunicación, senón tamén como acceso a recursos turísticos e naturais da zona”, explica Pilar García Porto.

A deputada enmarcou a actuación dentro do Plan de Melloras nas estradas provinciais, "unha medida que anunciou o presidente e que servirá para acometer máis de 80 proxectos na rede de vías de titularidade provincial cos que se mellorarán 280 quilómetros por un importe de 12 millóns de euros".

0.161208152771