A Deputación de Lugo aprobou un convenio para colaborar co Concello de Negueira de Muñiz

O obxectivo é cooperar na mellora da vía que conecta o núcleo urbano co lugar de Seira
negueira-de-muniz
22 Dec 2024

A Deputación de Lugo aprobou un convenio para colaborar co Concello de Negueira de Muñiz co fin de cooperar na mellora da vía que conecta o núcleo urbano co lugar de Seira.

A Deputación achegará, neste caso máis de 105.000 euros e o Concello outros 6.000 euros para chegar a un importe que superará os 111.079,95 euros.

Trátase dunha actuación importante porque esta vía transcorre paralela ao río Navia, dá servizo á Área Recreativa da Veiga e é empregada pola veciñanza da contorna para facer rutas de sendeirismo e mesmo na bici.

0.17199492454529